martes, 18 de marzo de 2014

Experimentando con Audacity

      Despois de facer unha gravación de voz, hoxe no curso aprendemos a engadirlle música usando as diferentes ferramentas que nos ofrece Audacity: importar unha canción, acurtar, reducir os ruídos, empregar o envolvente e o zoom, utilizar o desprazamento para centrar a pista das voces...
Por último,  gardamos o proxecto para poder abrilo nun futuro se o queremos modificar, e a continuación exportámolo a formato mp3.
       O resultado de todo esto poderédelo escoitar en breve, xa que de momento non sabemos os pasos para subilo ao blog.
        Quédavos aquí a mostra en imaxe do noso traballo.





      Esperemos que este traballo vos sexa de axuda e en pouco tempo iremosvos contando os nosos avances.

Ningún comentario:

Publicar un comentario