xoves, 27 de marzo de 2014

Receita para ter son no teu blog

1º Gravamos a voz no audacity.
2º Seleccionamos unha sintonía de libre uso que descargamos de  VIMEO MUSIC STORE.
3º Xuntamos co audacity os dous sons e exportamos a mp3.
4º Logo subimos o que exportamos a SOUNDCLOUD.
5º Engadimoslle unha imaxe.
6º De soundcloud enlazámolo o noso blog.
7º Xa está listo para que o escoitedes.


 

luns, 24 de marzo de 2014

Xa temos son!!!!

       
         Por fin, podedes escoitar a gravación que aprendemos a facer nos días anteriores.






martes, 18 de marzo de 2014

Experimentando con Audacity

      Despois de facer unha gravación de voz, hoxe no curso aprendemos a engadirlle música usando as diferentes ferramentas que nos ofrece Audacity: importar unha canción, acurtar, reducir os ruídos, empregar o envolvente e o zoom, utilizar o desprazamento para centrar a pista das voces...
Por último,  gardamos o proxecto para poder abrilo nun futuro se o queremos modificar, e a continuación exportámolo a formato mp3.
       O resultado de todo esto poderédelo escoitar en breve, xa que de momento non sabemos os pasos para subilo ao blog.
        Quédavos aquí a mostra en imaxe do noso traballo.





      Esperemos que este traballo vos sexa de axuda e en pouco tempo iremosvos contando os nosos avances.

luns, 10 de marzo de 2014

Benvidos ao blog do son

         Esta é a nosa primeira entrada neste blog de principiantes e aprendices de son.
       Esperamos facer cousas interesantes e que vos agraden.
       Non vos olvidedes de participar e axudarnos cos vosos comentarios.



                        Roi,Paula e Amalia do CEIP Antonio Blanco Rodríguez de Covelo